Desde o movimento social, non podíamos quedar parados ante tanta inxustiza. Queremos contribuír ao cambio na correlación de forzas, queremos que a Clase Obreira -a inmensa maioría social- ocupe un lugar social e politicamente predominante, non podemos perder dereitos, non podemos deixar que baixo a escusa da "Crise" apliquen toda unha serie de políticas neoliberais que nos empobrecen e nos condenan ao paro e á precariedade laboral. Baixo a máxima de "Privatizar os Beneficios, Socializar as Perdas", o Capital e os seus aliados nos gobernos de Zapatero e Feijóo queren-nos impor as políticas neoliberais. Trata-se pois de paralizar estas políticas regresivas en dereitos e avanzar en políticas de xustiza, de solidariedade, de colaboración, de reparto da riqueza, de reparto do traballo, ... E por isto polo que algunhas entidades do movimento social de Ferrol Terra, elaboramos un chamamento -que achegamos a continuación- para apoiar a todas ás organizacións de clase na convocatoria da Folga Xeral do 29 de Setembro e convocamos a un acto público que imos celebrar o vindeiro Luns, 27 de Setembro, ás 7 da tarde na Praza Amada Garcia de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Difunde e Participa !!
Escoita as razóns!! acode á concentración do próximo luns, 27 de setembro ás 19hs. fronte ao Edificio da Xunta.
Que persegue a Reforma Laboral?
1. O despido máis fácil e barato, e cambiar emprego fixo por eventual.
2. Atacar aos parad@s e privatizar a contratación laboral.
3. Favorecer aínda máis os abusos do empresariado.
4. Atacar a existencia mesma da negociación colectiva.
5. Favorecer, en maior medida, a precariedade do emprego.
6. Abrir o camiño á redución das pensións e o número de beneficiari@s das mesmas.
7.Reducir a capacidade de defensa da clase traballadora, debilitando aos sindicatos.
Tócanos a todos e todas defender as nosas conquistas sociais en perigo, apoiando a todos os sindicatos na convocatoria da Folga Xeral.
Temos que ir á Folga para ...
1. Acabar co medo ao despido.
2. Acabar co paro mediante a creación de postos
de traballo sen precariedade nin despidos.
3. Traballar menos horas para traballar todas e todos
4. Gozar de pensións dignas e con futuro.
5. Ter un ensino e unha sanidade públicas de calidade.
6. Conseguir maiores ingresos fiscais procedentes do capital.
7. Democratizar a economía e a empresa.
É hora de actuar con responsabilidade e promover un movemento social masivo para recuperar as políticas de progreso e reconstruír as expresións políticas de esquerda que consoliden estas conquistas no noso país e en toda Europa: non te lamentes logo.
Convocan as organizacións sociais, veciñais e culturais de Ferrolterra: Asociación Cultural "Fuco Buxán", Asociación Cultural "Lefre de Caldereta", Asociación Veciñal "O Rosario-Inferniño", Colectivo "Ártabra 21", Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos", Fundaçom Artábria.
Nota: Clicar acima da imaxe para ampliar
Baixar ou acceder aos ficheiros das Folhas Informativas da convocatoria en formato -pdf, para copiar e difundir.
En B/N:
docs.google.com - Folleto - o 29S e o Movimento Social [En B/N]
A dúas cores:
docs.google.com - Folleto - o 29S e o Movimento Social [Dúas Cores]
_______________________
Enlace relacionado:
Blogue de Ártabra 21
Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010
http://sindicalismo-sindicatos.blogspot.com/
__________________________