Artigos Recentes
Artigos Recentes
Seguindo directrices, de carácter neoliberal, da Comisión Europea e dos organismos: Fondo Monetario Internacional -FMI- e Banco Mundial -BM-, o Goberno Español e, no que lle corresponde, a Xunta de Galicia, veñen acordar unha serie de medidas e reformas contra a Clase Traballadora. As que seguen son as citadas medidas que foron convalidadas polos respectivos parlamentos. Mesmo para este Outono pensan abordar a reforma das Pensións
Para cambiar as cousas as Centrais Sindicais teñen convocada unha Folga Xeral, que terá lugar o Mércores 29 de Setembro deste 2010.
A lexislación que segue, é a referenciada con antelación:
Real decreto lei 10/2010, do 16 de Xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo - BOE núm. 147 do Xoves 17 de Xuño de 2010.
Real decreto lei 8/2010, do 20 de Maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público - BOE núm. 126 do Luns 24 de Maio de 2010.
Lei 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010 - DOG núm. 119 do Xoves 24 de Xuño de 2010. [Aplicación do Real Decreto 8/2010, do 20 de Maio, na Galiza]
A multinacional Wolters Kluwer que opera no estado mediante as marcas A LEI (dirixida aos profesionais xurídicos), CISS e A3 Software (dirixidas aos profesionais contábeis, laborais, fiscalistas e do medio ambiente), ... e outras, a través de diferentes empresas do grupo, publicou unha web monográfica sobre a "Reforma Laboral 2010" que leva un seguimento constante a nível normativo, casos práticos e de noticias relacionadas. Esta web pode ser de interese, para acceder a unha información puntual e actualizada, sendo conscentes, en todo momento, de quen procede a información, pode que esta sexa de utilidade.
www.reformalaboral.comCopyleft 2010 Colectivo Ártabra 21, Powered by Blogger
CSS designed by Mohd Huzairy from MentariWorks
Blogger Templates created by Deluxe Templates