Artigos Recentes

sábado, 21 de agosto de 2010

Evolución das reformas laborais no Estado español




Evolución das reformas laborais no Estado español

Contido da "webinars" por páxinas:

1. Adro
A RENDICIÓN DO ESTADO AOS INTERESES DO CAPITAL
A desregulación do mundo do traballo

2. Estatuto d@s Traballadores/as [1980]
* Abarata o despedimento
- Reduce o tope máximo da indemnización por despedimento improcedente de 48 a 42 mensualidades
* Establece o despedimento libre
- A empresa é quen decide entre indemnizar ou readmitir á persoa despedida, antes esta decisión era da traballadora ou traballador

3. Reforma laboral de 1984
* Forte impulso á contratación temporal
- Descausaliza o contrato temporal de fomento do emprego para persoas desempregadas
- Contrato en prácticas : amplía o período de tempo durante o que pode facerse este contrato até os 4 anos seguintes á obtención do título, na redacción orixinal eran 2 anos
- Contrato para a formación : o límite de idade para facer este contrato pasa dos 18 aos 20 anos e non existe para as persoas con minusvalía
- Contrato de lanzamento de nova actividade : permite renovalo cada 3 meses cunha duración máxima de 3 anos.
Antes Agora Idade avanzada Todas as persoas desempregadas Capacidade laboral diminuída Primeiro emprego

4. Reforma das pensións 1985
* Aumenta o período mínimo de cotización para acceder a unha pensión de 10 a 15 anos
* Amplía o período de cálculo da pensión de 2 a 8 anos
* O aumento das pensións será en función do IPC previsto

5. Decretazo de 1992
* Grave ataque á protección por desemprego
Antes - Agora [Decretazo 1992]
* Amplía o período mínimo de cotización para cobrar desemprego
Pasa de 6 meses a 12 meses
* Diminúe a cantidade a cobrar por desemprego 80%
Antes: BC durante os primeiros 6 meses 70%
Decretazo: BC de 6 meses a 12 meses 60%
Antes: BC nos seguintes meses 70%
Decretazo: BC durante os primeiros 6 meses 60%
* Rebaixa a prestación mínima SMI 75% SMI
* Reduce o período ce cobro da prestación
- 1 ano cotizado = 6 meses
- 1 ano cotizado = 4 meses
* Suprime a exención fiscal da prestación por desemprego

6. Reforma laboral de 1994
* Impulsa os contratos lixo para a mocidade
- Contrato de aprendizaxe : substitúe ao anterior contrato para a formación empeorando todos os seus aspectos
. Aumenta a idade máxima para este contrato dos 20 aos 25 anos
. Pode celebrarse por un mínimo de 6 meses e un máximo de 3 anos
. Remite a súa remuneración ao disposto no CC
- Contrato en prácticas :
. Duración mínima de 6 meses e máxima de 2 anos. Antes non existía duración mínima
. Permite unha remuneración menor respecto a un
. traballador/a con contrato normal: 60% durante
. o primeiro ano e 75% durante o segundo ano

7. Reforma laboral de 1994
* Facilita e abarata o despedimento:
- Elimina a nulidade dos despedimentos disciplinarios por defectos formais
- Amplía as causas do despedimento obxectivo
. Técnicas, organizativas e de produción
. Simplifica a tramitación por causas económicas
- Reduce o prazo de preaviso para o despedimento por causas obxectivas
Antes Agora Menos de 1 ano de antigüidade = 1 mes 1 mes Menos de 2 anos de antigüidade = 2 meses 2 anos ou máis de antigüidade = 3 meses

8. Reforma laboral de 1994 -I-
* Legaliza as ETTs
* Permite a distribución irregular da xornada
- Permite unha xornada máxima diaria de 12h, antes eran 9h
- Permite superar as 40h semanais
* Ataca á negociación colectiva
- Legaliza as cláusulas de descolgue salarial
- Facilita as modificacións substanciais das condicións de traballo

9. Reforma laboral de 1994 -II-
* Reduce a remuneración mínima das horas extraordinarias
* Limita os supostos do contrato de fomento do emprego
Antes Agora Superior nun 75% á hora ordinaria Non pode ser inferior á hora ordinaria ET 1980 Reforma 1984 Reforma de 1994 Idade avanzada Todas as persoas desempregadas Maiores de 45 anos Capacidade laboral diminuída Máis de 1 ano de antigüidade no desemprego Con minusvalía Primeiro emprego

10. Reforma das pensións 1997 -I-
* Amplía o período de cálculo da pensión de 8 anos (reforma 1985) a 15 anos
- Oa reforma será progresiva até chegar aos 15 anos en 2001

11. Reforma laboral de 1997 -II-
* Xeneraliza ás subvencións ás empresas en forma de bonificacións das cotas patronais á Seguridade Social
* Abarata o despedimento
- Crea o contrato de fomento da contratación indefinida co despedimento barato de 33 días por ano traballado cun máximo de 24 mensualidades nos seguintes supostos:
. Persoas de 18 a 29 anos
. Maiores de 45 anos
. Persoas con discapacidade
. Todos os contratos temporais convertidos en
. indefinidos durante o ano seguinte

12. Reforma laboral de 1997 -III-
* Elimina dous contratos temporais
- Fomento do emprego
- Lanzamento de nova actividade
* Substitúe o contrato de aprendizaxe polo de formación
- Reduce a idade máxima aos menores de 21 anos, con dúas excepcións:
. Nas persoas con minusvalía non existe límite de idade
. Persoas de obradoiros de emprego 24 anos
- Duración do contrato de 6 meses a 2 anos ampliábeis a 3 anos por CC
- Permite cobrar un salario inferior ao SMI, só é remunerado o traballo efectivo

13. Reforma laboral de 2001 -I-
* Abarata o despedimento
- Elimina os salarios de tramitación no despedimento disciplinario cando a empresa recoñece a improcedencia
- Xeneraliza o contrato de fomento da contratación indefinida:
. Persoas de 16 a 29 anos
. Mulleres en profesións onde están subrepresentadas
. Maiores de 45 anos
. Persoas desempregadas con máis de 6 meses de antigüidade
. Persoas con discapacidade

14. Reforma laboral de 2001 -II-
* Aumenta a precariedade
- Contrato de inserción : contrato temporal para realizar obras ou servizos de interese xeral para as Administracións Públicas
- Contrato de formación : elimina o límite de idade nos seguintes supostos
. Persoas estranxeiras durante os dous primeiros anos do seu permiso de traballo
. Persoas que leven máis de tres anos no desemprego
. Persoas en situación de exclusión social
. Persoas de programas de obradoiros de emprego

15. Reforma laboral de 2006
* Abarata unha vez máis o despedimento
- Elimina os salarios de tramitación no despedimento por causas obxectivas cando a empresa recoñece a improcedencia
- Xeneraliza unha vez máis o contrato de fomento da contratación indefinida
. Todos os contratos temporais convertidos en indefinidos antes do 1 de xaneiro de 2007
. Todas as mulleres
. Homes menores de 31 anos e maiores de 45
. Desempregados con 6 meses de antigüidade
. Persoas con discapacidade
. Persoas en exclusión social

16. Reforma laboral de 2010

17. Contrato indefinido co despedimento barato
* Reforma 1997
* Reforma 2001
* Reforma 2006
* Reforma 2010
* Maiores de 18 e menores de 30 anos
* De 16 a menores de 30 anos
* Menores de 31 anos
* Maiores de 45 anos
* Mulleres desempregadas en profesión subrepresentadas
* Todas as mulleres
* Mulleres en profesión con menor índice de emprego feminino
* Máis de 1 ano de antigüidade no desemprego
* Máis de 6 meses de antigüidade no desemprego 6 meses de antigüidade no desemprego 3 meses de antigüidade no desemprego
* Persoas con discapacidade
* Persoas en exclusión social
* Persoas que durante os dous anos anteriores foran contratadas exclusivamente con contratos emporais ou viran extinguido un contrato indefinido

18. Máis precariedade
* Evolución da contratación temporal
* Máis do 90% dos novos contratos asinados cada ano son temporais
* A taxa de temporalidade do Estado español é do 34%, a media da UE-15 non chega ao 13%

19. Principais regresións no sistema de dereitos e garantías no traballo
* Para despedir a unha traballadora ou traballador ten que existir unha causa
* No caso de despedimento improcedente ademais da correspondente; indemnización cóbranse tamén os salarios de tramitación
* A indemnización por despedimento improcedente é de 45d/ano traballado cun máximo de 42 mensualidades
* A igual traballo igual salario
* As persoas que traballan na mesma empresa teñen o mesmo CC

20.GASTO SOCIAL EN % DO PIB (ano 2005)

21. Imaxe

Fonte: Confederación Intersindical Galega - CIG
_____________________

No Pleno Municipal do 26 de Agosto, debatira-se unha moción de Esquerda Unida en apoio da Folga Xeral do 29S

Á ALCALDÍA DO CONCELLO DE FERROL


retirada integra da contrarreforma laboral


Yolanda Díaz Pérez, Voceira do GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA, de conformidade co disposto no artigo 104 do Regulamento Orgánico do Concello de Ferrol, e co artigo 97.2 do vixente Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A situación de crise económica e social derivada da aplicación das políticas económicas neoliberais da globalización capitalista está a producir unha catástrofe social no país e no Estado sen precedentes na nosa historia nos últimos trinta anos. Os datos do desemprego, onde hai que anotar preto de cinco millóns de traballadoras e traballadores no paro no conxunto do Estado, sumados os datos de paro rexistrado no noso país en xullo que contan 209.789 persoas e atopándose un terzo das mesmas sen recibir xa prestación por desemprego, sumados a realidade de precariedade, economía mergullada, carestía da vida e desafiuzamentos configuran unha realidade negra que está a cargar nas costas das clases traballadoras os custos da crise provocada polas políticas favorables ao capital, nomeadamente o financeiro e especulativo.

Neste contexto se teñen producido nos últimos meses unha avalancha de medidas adoptadas polo Goberno central de ataque sen concesións ás conquistas históricas da clase traballadora e dos sectores populares: o paquete de medidas de axuste por importe de 15.000 millóns de euros e que terá continuación no vindeiro orzamento e a contrarreforma laboral tramitada como Lei de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo son chanzos sobranceiros da estratexia gubernamental.

A devandita contrarreforma laboral non vai servir nen para crear emprego nen para reducir a escandalosa precariedade que padecen as traballadoras e traballadores galegos e do conxunto do Estado. Está deseñada para facilitar e abaratar os despedimentos, que xa son na práctica libres, porque amplía as causas para elo e reduce os dereitos de indemnización das traballadores e traballadores. Vai supor un reforzo para o poder empresarial á hora de modificar as condicións de traballo en todo o que atinxe a horarios, mobilidade xeográfica e funcional, etc. Xunto con iso debilita a tutela xudicial efectiva como garantía para a clase traballadora e a negociación colectiva, así como privatiza a xestión do desemprego coa aceptación da intermediación laboral privada.

Unha cuestión fundamental é o ataque que supón esta contrarreforma en canto debilita a negociación colectiva, ao facilitar as empresas a adopción de medidas de descolgue. Cómpre non esquecer que a negociación colectiva constitúe un ferramenta fundamental na defensa dos intereses da clase traballadora.

Incluso privatiza a xestión do desemprego, no canto de potenciar o servizo público de emprego, e amplía o campo de actuación das ETT,s aos sectores de risco e mailo emprego público.

As medidas son inxustas e erradas, porque o mercado de traballo adoece dunha excesiva e negativa flexibilidade externa como amosan as taxas de temporalidade e as facilidades para despedir (o exemplo son os máis de 13 millóns de contratos temporais asinados en 2009, en plena crise económica, nun contexto marcado pola destrución de emprego). As medidas a adoptar son outras moi distintas tanto no eido estrutural – para sentar as bases dun modelo produtivo e social sustentable - canto na conxuntura, no que atinxe a recuperar o creto para a economía produtiva, e impedir que o axuste fiscal programado polo Goberno deprima aínda máis a economía, prexudique a creación de emprego e alimente como resultante o déficit público.

Mais a espiral antisocial dun goberno obsecuente coas recomendacións do FMI, Banco Mundial e Comisión Europea, anuncia que á volta do verán vaise atacar o sistema público de pensións para alongar a idade de xubilación, que no noso país está por riba da media da UE e para mudar as bases de cálculo da vida laboral coa intención de reducir o monto final da pensión a percibir polo traballador. Medidas coherentes coa estratexia de debilitar o sistema de reparto e facer avanzar o de capitalización privado, verdadeiro programa final neste eido do capital financeiro.

Doutra banda, o Grupo Municipal de Esquerda Unida rexeita a falsa política da austeridade fiscal, que supón que teñamos unha das tributacións máis reducida e cunha menor progresividade, isto é, o paraíso para o capital e a burguesía nas súas fraccións máis acaudaladas. Valga o exemplo de que só a recuperación da progresividade fiscal perdida nos últimos 20 anos suporía un incremento de 66.000 millóns de euros anuais, que permitirían financiar a creación de emprego nos sectores como o da atención á dependencia, ensino ou sanidade, que forman parte dos dereitos económicos e sociais recollidos na Constitución, superando a fenda no gasto social que segue a separarnos dos estándares de benestar da UE.

En resumo, son moitos os ataques que están a sufrir as clases traballadoras, autónomos e pequeno empresariado para que o Goberno do Estado satisfaga as esixencias do gran capital. Son este conxunto de ataques aos nosos dereitos como traballadores e traballadoras os que levan ás centrais sindicais de clase CC.OO. e U.X.T. a convocar para o día 29 de setembro unha xornada de folga xeral para enfrontar as medidas aprobadas polo Goberno central que recortan dereitos sociais e que suprimen dereitos das traballadoras e traballadores.

O noso concello ten o deber cívico de tomar posición nunha cuestión política e social da meirande magnitude para a nosa sociedade. Xa que logo, o Grupo Municipal de EU formula, para a súa toma en consideración polo Pleno do concello de Ferrol, a seguinte proposta de ACORDOS:

Primeira.- O Pleno do concello de Ferrol acorda demandar do Goberno central a retirada integra da contrarreforma laboral tramitada no Congreso dos Deputados como Lei de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo e insta a este a retomar o diálogo social a partires das preocupacións e demandas das centrais sindicais de clase.

Segunda.- O Pleno do concello de Ferrol acorda instar ao Goberno central a que non aprobe ningunha reforma no eido das pensións que supoña unha redución respecto dos dereitos recoñecidos hoxendía ás traballadoras e traballadores, en particular o que fai o alongamento da idade de retiro ou á ampliación da base de cálculo da vida laboral.

Terceira.- O Pleno do concello de Ferrol acorda dar traslado destes acordos ao Goberno do Estado e á Comisión Executiva da Confederación Sindical de CC.OO. e á Comisión Executiva Confederal da UXT.

Ferrol, 18 de agosto de 2010.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Voceira do Grupo Municipal de EU

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
18 de agosto de 2010 13:14

Prezad@s amig@s: achegamos unha moción presentada polo Grupo Municipal de EU en apoio da folga xeral convocada para o día 29 de setembro e que se debatirá no Pleno do concello do día 26 de agosto. Grazas polo voso interese. Un saúdo, Ramiro Marier
_____________________________